domingo, 14 de mayo de 2017

Massalia-Sicilia


    Mapa de Sicily, Italia
  1. Como se escribe Sicilia en grego?
  2. Sitúaa no mapa
  3. A que porto chegaremos?
  4. Por que atopamos restos gregos nesta illa?
  5. Cando pasou a formar parte do imperio romano?
  6. Que é isto?

lunes, 3 de abril de 2017

Barcino-Massalia

Aínda que o día 6 de abril a expedición limiá viaxará en avión, no noso periplo romano teremos que tomar un barco.
Estivemos agardando a primavera para evitar o mal tempo, como era costume na época.
marsella navio romano
Restos dun barco romano no museo da Historia
Como daquela non había barcos para turistas, colleremos un birreme que transporta ánforas cheas de viño e aceite da provincia Tarraconense a Roma e que fará unha escala en Massalia  para descargar parte do viño. Aproveitaremos nós para baixar.


marsella arqueológico2
Modsaico romano. Foto Roburq - Trabajo propio, CC BY-SA. "Navegantes e comerciantes de Carali, en Cerdeña. Recipientes para o transporte de mercadorías(Museo arqueolóxico.)

A rexión onde se atopa a antigua Massalia, chámase A Provenza.
O río Ródano atravesa de Norte a Sur esta rexión, pasando por algúns dos lugares que imos visitar.
As principais vías romanas da rexión eran:
  • Via Domitia: foi a primeira que construíron os romanos na Galia. Ía paralela ó Mediterráneo coa fin de unir os Pirineos cos Alpes.  
  • Via Agrippa: no seu ramal sur, unía o eixo que ía de Arelate, o pé do Mediterráneo ata Lugdunum.

Massalia foi fundada por gregos de Focea, na actual Turquía, no S. VII a.C. Foi un importante porto polo que entraban e saían mercadorías dende a Galia cara o resto do Mediterráneo, especialmente produtos manufacturados, escravos e viño.
No ano 49 a.C. Xulio César anexiónaa a Roma e pasa a chamarse Massilia.
Os romanos respectaron a cidade grega e mellorárona co sistema de sumidoiros -o máis antigo da Galia- e moitas outras obras propias dunha cidade romana.

Que imos ver en Marsella?

marsella pertos
Museo dos muelles romanos
Tamén visitaremos Arlés, que foi asemade unha fundación grega da mesma época que Marsella. Posteriormente foi tomada polos celtas e finalmente polos romanos no S. II a.C.
O seu nome Arelate é de orixe prerromano. Os romanos conservárono adaptado ó latín, Colonia Ivlia PaternA Arelatensivm Sextanorvm, (antigua colonia juliana de Arlés de los soldados de la Legio VI)"  facendo referencia a que foi colonia dos veteranos da Legio VI.
En Arlés visitaremos o anfiteatro, o teatro, as termas de Constantino e os criptopórticos -parte subterránea do foro-.

Nîmes era un poboado galo cando foi conquistado polos romanos. O seu nome galo foi adaptado ó latín como Nemausus. As pegadas romanas máis importantes son o Anfiteatro, as murallas, e a Maison Carré.
Avignon foi colonia grega, coma Marsella e Arlés, e coma elas, pasou a formar parte do Imperio romano. Consérvanse algúns restos de época grega e romana, pero a importancia de Avignon corresponde á idade media, concretamente ó S. XIV, cando chegou a ser sede papal.
Orange foi fundada polos lexinarios da Legio II no S.I a.C. co nome de Colonia Julia Firma Secundanorum Arausio, "colonia xuliana de Arausio establecida polos soldados da segunda lexión".
Estaba situada na Via Agrippa.

A pesar de que o seu nome nos pode levar a confusión o Pont du Gard non é unha ponte. Que é logo?

domingo, 9 de octubre de 2016

Mapa de estradas en Hispania

Aquí debedes buscar o camiño para ir da Civitas Limicorum a Barcelona.
Aquí as mansiones.
Por certo, existía Barcelona en época romana?

Estela romana. S.II d.C. Museo de Barcelona